Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 28 de junho de 2014

Música en Cambre: Coral "Aires Novos" de Pravio


Coral "Aires Novos" de Pravio

A Coral "Aires Novos" da parroquia de San Xoan De Pravio é a agrupación musical mais nova do concello de Cambre. Foi criada no outono de 2012 grazas ao entusiasmo da sua directora, a artista de orixe cubana Lis Teuntor. Coincidimos con eles nos concertos de panxoliñas de Cambre, en decembro de 2012, a sua estreia, e en xaneiro de 2014. A anulación da nosa participación no Festival de Habaneiras, en xullo de 2013, impediu partillarmos cenario mais unha vez. A sua última actuación foi no Ciclo "Voces Meigas" que decorre no marco das Festas de San Xoan da Cruña, o 16 de xuño. O seu repertorio é muito variegado, desde temas populares galegos, espirituais, clásicos ou adaptacións arranxadas pola sua directora de temas de cantores actuais como Gloria Estefan.

Lis Teuntor, de verdadeiro nome Guadalupe de la Caridad Teuntor Domínguez nasceu en La Habana en 1972. Chegou à Galiza en 1995. Participou em programas musicais (Popstars, TVG, etc.) e tamén de actriz en filmes e serie de televisión. En 2008 gravou o seu primeiro disco (Como un ángel, co nome de Guadalupe), que inclúe temas como "Déjate llevar" ou "Déjame quererte". Xa foi directora do coro do Sporting Club Casino e o coro do Casino da Zapateira (Entrevista LVG dezembro 2005).

FOTOGRAFIAS

Festival de Habaneras, xullo 2013 · Festival de Panxoliñas, xaneiro 2014

Sem comentários:

Enviar um comentário