Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 6 de janeiro de 2014

Concerto de Panxoliñas en Cambre


CONCERTO DE PANXOLIÑAS

Igrexa Parroquial de Santa María de Cambre
Sábado, 4 de xaneiro de 2014

Corais participantes

Coral Aires Novos de Pravio
Coral de Cecebre
Coro Parroquial de Sigrás                                                   Foto do presepio no abside. Elvi Barbeito
Coral Santa María de Cambre                                      
Coral O Adro de Bribes

PROGRAMA DO CONCERTO



CRÓNICA DA XORNADA

O desapacíbel tempo que estamos a sofres neste duro inverno pareceu nos dar unha trégua durante todo o concerto. Os presentes comentaban con surpresa e satisfacción, tanto nos preparativos como no final, a ausencia da chuva, o vento e o frío. O concerto comezou ás oito da tarde, depois da misa vespertina. 

Perspectiva da igrexa · A apresentadora abrindo o concerto (Foto de Elvi Barbeito)

 Abriron a sesión os compañeiros da Coro Parroquial de Sigrás, dirixidos por Xosé Luis de Francisco. Interpretaron dúas pezas clásicas, de Cesar Franck e Brahms, e outra tradicional galega. Salientaron pola sua orde e elegancia. De seguido actuou a Coral de Pravio, criada o ano pasado, dirixida con acerto por Lis Teuntor, cun programa variado composto por unha peza clásica, do compositor romántico alemán Friedrich Silcher, outra da música mais pop de Gloria Estefan, e unha peza tradicional galega. A pesar da sua recente criación salientaron pola conxunción de voces e o saber estar. A continuación cantaron os nosos viciños do Coral de Cecebre, da man de Nico Matteo, que interpretaron con mestría dúas pezas renacentistas, de Pedro de Cristo e Francisco Guerrero, e outra popular do Algarve. 

Coro de Sigrás, dirixido por Xosé Luis de Francisco · Coral de Pravio, dirixida por Lis Teuntor
Coral de Cecebre, dirixida por Nico Matteo · Corais de Cambre e Bribes, dirixidas por Luisa Armesto


Por último, fechamos o concerto cantando xunto à Coral "O Adro", dirixidos por Luisa Armesto. que interpretamos tres vilancicos españóis. A interpretación do último tema, "Arre borriquita", estivo acompañada polo público, que respondeu moi ben aos requerimentos da directora e se prodigou en aplausos ao concluírmos a canción. 

Corais de Cambre e Bribes, baixo comando de Luisa Armesto

Logo de clausurar o concerto nos diriximos para o Concello, en cuxo Salón de Plenos nos esperaban unhas "larpeiras", biscoitos natalinos muito doces, para acompañar os cafés con leite, mas antes houbo entrega de ramalletes por man do alcalde. 

 
O Presidente da Cámara de Cambre, Manuel Rivas, con Rosalía López, coralista de CP Santa María de Cambre
e autora do blogue; coa directora da Coral de Pravio, Lis Teuntor. Abaixo, con Xosé Luis de Francisco,
director do Coro de Sigrás, e con Luisa Armesto, directora das Corais de Cambre e Bribes.


E xa por último, após todos os protocolos, saúdos, aplausos e parabéns, a lambonada final para endozar mais aínda as paroladas e as brincadeiras entre os presentes. Mas eu achei en menos á nosa ex-compañeira Elvi Barbeito, sempre tan cordial e colaboradora en todo o que for mister. Pódense ver as suas fotografias no acto na sua páxina Facebook, e tamén, no mesmo lugar o vídeo da Coral interpretando Arre Borriquita, mais outro vídeo, que ela mesma subíu xentilmente à miña páxina Facebook, interpretando ¿Qué sonajero daré? Nós subiremos mais fotos ao mesmo lugar, mas iso será outro día.

Os biscoitos esperando pacientemente mentres os asistentes pegan no café ou esperan a quenda...
Guillermina, Rosalía e Sinda. Parolada comandada por Chus. E Gesto, no final do seu mandato,
ollando prós biscoitos para que non se movan.. 



Sem comentários:

Enviar um comentário