Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

segunda-feira, 5 de janeiro de 2015

O noso repertorio: "O Meniño adorar".


Título: O Meniño adorar
Letra: Tradicional?
Música: Tradicional?
Ano: [...]
Arranxo: [...]
Xénero: Panxoliña
País: Galiza?


COMENTARIO

Esta peza é un pequeno misterio para nós, pois non localizamos ningunha información sobre a súa orixe ou autoría. Nós interpretámola en público pola primeira vez este ano no Concerto de Panxoliñas de Cambre en 29 de decembro. Na letra que se xunta corriximos algún que outro enxebrismo.

LETRA


O Meniño adorar

O Meniño adorar.
É a historia dun Neno que todos van adorar
a unha pequena vila onde esta noite nacerá,
o Rei de todo-los Reis que o mundo quere adorar,
o Rei de todo-los Reis que o mundo encherá de paz.

O Meniño no berce, ............................
as estrelas no ceo tamén o queren adorar.

Vinde todos que o Meniño naceu xa,
traede os regaliños para o Meniño adorar,
traede os regaliños para o Meniño adorar, adorar.

Na saia de María, .................................
brinca noso cativiño ata que chega o amencer.

É a historia dun Neno que todos van adorar,
a unha pequena vila onde esta noite nacerá,
o Rei de todo-los Reis que o mundo quere adorar,
o Rei de todo-los Reis que o mundo encherá de paz. De paz.


DISCOGRAFIA - NATAL GALEGO


Cantigas de Nadal é un cd recompilatorio editado por BOA Music en 1998. Nel hai once panxoliñas, cantigas populares propias do nadal, interpretadas por diversos músicos e grupos galegos [Wikipedia]

VÍDEO - NATAL GALEGO


Berrogüetto interpretando "Nadal de Luintra" (Cantigas de Nadal, 1998).

LIGAZÓNS - NATAL GALEGO

Imaxe: Nacemento de Xesús, entre a mula e o boi, nun relevo da igrexa de Santa María de Bemil (Caldas) [Wikipedia]
O Nadal na cultura popular galega [Wikipedia]
O Nadal en Galicia [Galicia espallada]
Cantigas de Nadal [Wikipedia] - Letra [ISSUU

Cantigas de Nadal: Panxoliñas e cantigas de aguinaldo [Made in Galicia - Blogue]


Sem comentários:

Enviar um comentário