Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 9 de fevereiro de 2014

Unha xornada de ensaio



Para alén do protagonismo das actuación, dos xantares e as refeccións de convivencia coas outras corais, tamén constitúen parte fundamental da vida da coral outros tipos de actos, como os ensaios e as viaxes no autocarro. As fotografías a seguir corresponden aos ensaios do 17 e o 20 de xaneiro, inmediatamente antes de eu partir de viaxe para o sul da península. 

Na altura, estavamos a ensaiar un tema que havia mais de sete anos que non interpretaba a Coral, "Os teus ollos" do mestre Chané. A sesión da segunda feira está reservada para as mulleres. As fotos dese dia foron tiradas por Alfredo Álvarez Muiños.

A fotografía do local de ensaio que encabeza esta postaxe é aproveitada do Google Maps.

FOTOGRAFÍAS

Pouco antes do comezo do ensaio. Sexta feira, 17 de xaneiro

Dous momentos da sesión da segunda feira, 20 de xaneiro, só para mulleres.

Luisa dirixindo o ensaio. Sexta feira, 17 de xaneiro.

Duas instantáneas da miña participación. Segunda, 20 de xaneiro.
No fundo, os retratos do primeiro presidente da Coral e do actual alcalde.

Sem comentários:

Enviar um comentário