Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 24 de dezembro de 2013

Actuación no Concerto de Vilancicos de Betanzos


CONCERTO DE VILANCICOS
Aula de Cultura Xulio Cuns, Edificio Liceu
Domingo, 22 de decembro

Corais participantes

CP Santa María de Cambre
CP "A Gaiteira" da Cruña
CP de Betanzos


PROGRAMA DO CONCERTO


CRÓNICA DA XORNADA

Cando chegamos á vila mariñá de Betanzos, pouco despois das seis da tarde, aínda pudemos contemplar a típica estampa betanceira da céntrica praza García Hermanos ateigada de gente que paseia, recén comezadas as feiras do Natal, desfrutando da última hora,  aínda soleada e morna, da tarde dominical.

Ao accedermos ao edificio pudemos ver as estancias onde armacenan os cabezudos e outros trastes das famosas festas de San Roque. O noso local de ensaio era a sala de xuntas do primeiro andar. E pouco despois baixamos ao cenario a ensaiar os temas compartidos xunto as outras corais. 

Manuel López Castro apresentando o presepio móbil. Unha vista parcial

Ao concluirmos, subimos todos ao segundo andar por unha escalas cheias de gente que subía e baixava a contemplarmos o presepio móbil que se instala desde 1996 por iniciativa do crego de Betanzos, Manuel López Castro, fundador e director da coral brigantina, que deu á concorrencia as pertinentes explicacións sobre as cenas natalinas representadas.

Despois ainda tivemos un bocado para estirar as pernas ou tomar un café.

Dúas vistas do público. Na direita, en primeiro plano, membros da coral da Gaiteira

Ás oito e meia abrimos o Concerto. O público, que enchía a sala da Aula de Cultura, chegando alguns a ficar de pé, mostrouse sempre muito xeneroso cos nosos temas, sen poupar aplausos. A verdade é que estivemos bastante ben, como recoñeceu, muito contenta, a nosa directora.
 
Fotografía oficial da CP da Sociedade Recreativa da Gaiteira (Fonte).
E a nosa directora, lucindo o diadema con motivos natalinos. 

Despois cantou a Coral da Gaiteira, onde tamén participan ex-compañeiras da Coral da Fábrica de Tabacos. Un dos seus temas foi interpretados pola solistas María Cruz Iglesias, tendo que lamentar a ausencia por enfermidade do outro solista, o barítono Juancho Villacastín. O público recompensou con cálidos aplausos a calidade sonora da agrupación coruñesa.  

Dous momentos da participación da CP de Betanzos

De seguido cantou a coral anfitroa. A súas calidade e veteranía, xunto á condición de local, foi muito apreciada por un público entregado. Tamén interpretaron "O neno dormía" coa solista Mari Carmen Bayo.

Por último, todas as corais participantes interpretamos, ante un público entusiasmado, "Gloria al Señor" e "Noite de Paz".

Presepio luminoso no adro de San Domingos

Despois da entrega de agasallos ás corais convidadas, nos dirigimos ao local social da coral brigantina para darmos conta dos viños e viandas con que acompañamos un fin de xornada muito animado.

MAIS FOTOGRAFIAS DO PRESEPIO DE BETANZOS











AGASALLO DOS ORGANIZADORES

Á CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA DE CAMBRE
NO XLV FESTIVAL DE VILANCICOS
A CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS
DECEMBRO DE 2013



Sem comentários:

Enviar um comentário