Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 29 de dezembro de 2013

Actuación no Certame de Vilancicos de Abegondo


II CERTAME DE VILANCICOS

Centro Cultural "O Salón", Mabegondo
Sábado, 28 de decembro

Corais participantes

Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo
Coral de Coirós
Coral Lugar da Lúa, Lubre
CP Santa María de Cambre
CP de Betanzos
Coral de Sigrás (ausente)
Coro Parroquial de San Tirso


CARTAZ DO CERTAME


CRÓNICA DA XORNADA

Tarde chuvosa de inverno. Cando sempre parece que comezou a escurecer. Combinamos no campo da feira para nos distribuir nos carros particulares. A viaxe de Cambre para Mabegondo é curta e conhecida. Ao chegarmos fumos céleres ao Centro Cultural "O Salón", cedido há tempo pola parroquia ao Concello, segundo nos informou o crego do lugar. Percebíase que o deixaran aquecendo desde a noite anterior, segundo nos informaron tamén os organizadores. Ao entrarmos, as mesas onde estaban dispostos os petiscos convidaban a ficarmos lá...

Recén chegados, ainda cos abrigos postos. A zona de petiscos e parte do público congregado.

Axinha fou enchendo a platea da sala. Un público variegado e animoso. Pronto nos informaron da ausencia do coro viciño de Sigrás. A enfermidade de varios dos seus membros fixo imposíbel a sua participación. Desta vez non houbo tempo para ensaios. Aguardamos a que chegase a xente e os outros participantes.

Vista do público

Abriron a velada o Coro Municipal da Terceira Idade de Abegondo que actuou coa Coral de Coirós. As súas interpretacións foron muito aplaudidas polo público presente. Ao finalizaren, un membro da Coral de Coirós entregou un ramo de flores á súa directora. De seguido actuou a Coral "Lugar de Lúa", de Lubre, parroquia do vicño concello de Bergondo.

O crego de Mabegondo e a organizadora apresentando o Coro Municipal da Terceira Idade
de Abegondo e a Coral de Coirós - Coral Luar de Lua, de Lubre

Nós interpretaremos os nosos tres temas previstos, "Duerme el Niño Jesús" (Hawai), "Por los caminitos de Jerusalén" (tonada pampeana, Arxentina) e "Arre borriquita" (anónimo), que contou coa participación dos asistentes. 

   
Catro momentos da nosa participación no Certame
 
  
A organización foi algo irregular, ainda que sobradamente compensado polo entusiasmo dos apresentadores, o crego do lugar, don Fernando, e Carmiña, organizadora e tamén animadora do grupo infantil, para o que compuxo algún tema. Don Fernando, na súa alocución inicial, encareceu a importancia deste tipo de actos, nos que a xenerosidade sobarda a limitación de recursos, para as xentes do rural que queren transmitir o seu traballo na cultura do país.
  
 
A apresentadora e organizadora do Certame - A solista da Coral de Betanzos - A directora do Coro Municipal

Actuou despois a Coral de Betanzos, dirigida por don Manuel López Castro, compañeiro de sacerdocio de don Fernando. A sua tradicional mestría levantou os aplausos do público que, espoleado polo crego de Mabegondo, solicitou mais un vilancico... Por último, fechou a velada o Coro Parroquial de San Tirso, onde destaca sobremaneira a presenza dos cativos, que sorprenderon os asistentes pola sua maturidade, disciplina e saber facer, concluindo o acto cun sopro de frescor.


Concluido o acto, ficamos os membros da corais e algún membro atrasado do público para dar conta dos saborosos petiscos com que nos agasallaron. Axiña prendeu a parolada animada entre os coralistas, mentres don Fernando ia de lá para cá procurando a satisfacción dos presentes e as crianzas perambulan entre as mesas. O viño e o día sinalado facilitaron as brincadeiras e piadas. Desta guisa concluiu mais unha xornada da nosa Coral.


Sem comentários:

Enviar um comentário