Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

domingo, 28 de abril de 2013

Próxima actuación da Coral en Camariñas


Cartaz do IV Certame (2012)
Sábado 4 de maio actuaremos por primeira vez en Camariñas, na primeira fase do V Certame de Corais da Costa da Morte [información da IV edición] organizado pola asociación Neria. A segunda fase celebrarase en Baio no mes de outubro. Serán cinco as agrupacións corais, mormente da Costa, que actuarán na Casa da Pedra a partir das oito do serán. Lá encontrarémonos de novo [anuncio e crónica do XIV Aniversario no que foron convidadas] coa Coral Municipal de Mulleres de Camariñas, que fecharán o encontro en calidade de anfitrioas. Este ano cada coro participante cantará cinco temas, dos que polo menos un deberá ser en galego. Nós estamos ensaiando para a ocasión "A bolboreta", "Terra Meiga", "A vella chalana", "Barcarola" e "Jardín de ensueño". 

De resto, as actuacións concertadas pola Coral, xa anunciadas na postaxe de 28 de marzo, serán:

11 de maio: Festival de Primavera no Teatro da Xuventude de Cecebre (as 20:00 horas)
29 de xuño: Festas do San Xoan en Carballo.
27 de xulloCedeira.
26 de outubro: Espectáculo de zarzuela na Casa da Cultura Pintor Francisco Llorens, Fontán (Sada).




Sem comentários:

Enviar um comentário