Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

terça-feira, 23 de abril de 2013

O noso repertorio: "Salve rociera"


Título: "Salve rociera"
LetraRafael de León Arias de Saavedra
           & Manuel López-Quiroga Clavero
MúsicaManuel Pareja-Obregón García
           & Gerardo del Valle Beltrán
Ano: 1973 (edición da grabación)
Arranxo: Manuel Pareja Obregón
Xénero: Marcha procesional?
País: Andalucía

COMENTARIO

Cando a directora, por petición dos noivos, nos comunicou que íamos interpretar a "Salve rociera" na voda da filla da nosa compañeira Carmen, acollimos a proposta como un repto. Pois o tema nos era muito familiar mas tamén extraño. Para mais, após dous meses de ensaios, o crego que ministrou a cerimonia non escatimou críticas para mostrar sua desavenencia con teren escollido os noivos, entre tantas Salves mais achegadas a nós, unha música que nen casaba coa voda nen coa sensibilidade galega. Alguns dos convidados mostraron a súa contrariedade coas palabras do párroco aplaudindo a nosa interpretación. A peza é muito longa e repetitiva, se callar para inducir un estado de suxestión. Nós interpretámola até o antepenúltimo refrán (ficou fora a parte en gris).

Segundo a Wikipedia o compositor baseouse na melodia do toque do alba para a composición desta "Salve a la Virgen del Rocío" ou "Salve del olé", como tamén se coñece. Semella unha marcha procesional, e por iso así a cualificamos, se ben provisoriamente e con muitas dúbidas (Terá calquera relación ese "toque del alba" coas nosas alboradas?). Segundo parece, "os artistas que estrearon a popular 'Salve del olé, olé' (que, na realidade, titúlase 'Dios te salve María') foron 'Los de Doñana' (posteriormente 'Los Doñana'). Incluírona no seu disco 'Misa Rociera' de 1973". Non encontramos dados mais precisos sobre a data da composición.

Nota. A voda celebrouse na igrexa de Santa María de Cambre en 2009. Por falta de dados precisos non rediximos aínda a crónica do evento.

LETRA



PARTITURA



VIDEO


Como non é probábel que dispoñamos dun vídeo coa nosa interpretación da "Salve rociera", entre outras cousas por téla interpretado unha única vez, axuntamos esta versión tirada do Youtube e que ven  referida no artigo da Wikipedia dedicado ao autor da música, Manuel Pareja Obregón.

OUTRAS LIGAZÓNS

Fonte da letra: http://www.elalmanaque.com/poesias/SALVE_ROCIERA.htm
Foro del Rocío (tema: Salve rociera): http://www.rocio.com





1 comentário:

  1. Vamos, que se armó la marimorena, aunque no acabó como el rosario de la aurora...

    ResponderEliminar