Read more: http://www.bloggergifs.com/2013/12/abrir-enlaces-externos-en-otra-pestana.html#ixzz2qsNiSmUb Fuente: http://www.bloggergifs.com/ Follow us: @alore67 on Twitter

sábado, 10 de novembro de 2012

Fotos do Convite do XIV Aniversario


Acrescentamos unha escolla das fotografias do convite de XIV aniversario da Coral celebrado en Cambre o pasado 6 de outubro que nos enviou a nosa compañeira Olga. Na sala estamos membros das catro corais participantes, a saber, alén da anfitroa, a camariñá CP Brisas do Mar, CP de Burela e CP de Bergantiños. Un merecido refrixerio após toda unha intensa xornada no Teatro A Xuventude de Cecebre.


Visión xeral algo movida da 'movida'.

Esquerda: Ana, a secretaria, Ramón, vicepresidente, e Sol, unha coralista.
Direita: unha coralista e Margarita,  a solista da CP de Burela, coa autora do blog.

Esquerda: o noso compañeiro Alberto acompañado de súa dona e de súa filla.
Direita: os coralistas Alfredo, Emma, Loli e mais dous Juanes.

Esquerda: as coralistas Loli e Merche.
Direita: o Presidente Manuel Gesto.

Direita: Un momento de repouso nun recanto da sala.

Outro aspecto xeral. da sala durante o convivio.





Sem comentários:

Enviar um comentário